O primeiro que me chamou a atención dos proxectos presentados nos vídeos é que semella que parten de premisas ben diferentes. Por un lado, no caso de Santa María la Blanca, a aprendizaxe individualízase na súa práctica totalidade. O alumnado ten un plan de traballo individual, un ordenador propio co que traballar e unha reunión semanal co profesor ou profesora para avaliar a súa evolución e consultar dúbidas. Pola outra banda, temos un centro cunhas aulas denominadas "multitarefa" nas que poden chegar a convivir máis de cincuenta nenos e nenas. Nelas varios profesoras e profesoras levan a cabo proxectos cooperativos. No primeiro caso as avaliacións son individuais, no segundo existen avaluacións grupais e colectivas.
Resúltame complexo atopar aspectos positivos no primeiro caso presentado. Penso que se fai un uso excesivo da tecnoloxía. A propia directora lamenta que se continúen a empregar libros de texto para certas materias, e aventura que eses libros mudarán nun futuro, en canto as editoriais publiquen os materiais en soporte dixital. Por outra banda, creo que se confunde personalización con excesiva individualización. Deste xeito confíase excesivamente en que o alumnado empregue o seu tempo para avanzar nos estudos. As relacións que se establecen co profesorado dificilmente serán de confianza, e poderá transformarse nunha figura fría, á que acudir cando internet non lle da a solución que busca, ou cando non a entende. E creo que o rol do profesor ou profesora ten que abarcar máis aspectos, sobre todo en etapas complexas como a adolescencia. A maiores, nun colexio eu trataría de primar a cooperación e a colaboración no alumnado. É importante que este conte cunha autonomía, que saiba profundizar naquilo que lle interese. Mais que só se leve a cabo un proxecto grupal por trimestre paréceme demasiado pouco.
O segundo proxecto apunta un dato que me parece relevante. E é o feito de que unha clase pode funcionar con máis dun profesor. Non só se racha co concepto tradicional de aula maxistral, senón que ademais se racha coa habitual interacción profesor/a-activo/a e alumnado pasivo. Durante o practicum comprobei nas aulas nas que participaban a profesora e unha Pedagoga Terapeuta de apoio as necesidades específicas do alumnado estaban mellor cubertas. A clase era moito máis fluída e dinámica. Pensei daquela que unha clase, coas ratios actuais de alumnado, podería funcionar moito mellor de ser dúas as profesoras ou profesores que a impartisen. Máis creativas e dinámicas. Por supoto isto ten que implicar un profesorado moi disposto a traballar tamén en grupo. E ás veces as diferencias e discrepancias nos claustros practicamente imposibilitan isto. En todo caso, paréceme un experimento moi interesante e a poñer en práctica.

Comentarios
Publicar un comentario