Refexión persoal-Innovar en educación?

Segundo a Real Academia Española:
Innovar: "Mudar o alterar algo, introduciendo novedades".

Facer cantar ao alumnado está lonxe de ser unha actividade innovadora. Tamén dar unha clase ao aire libre. Introducir un xogo tradicional como o parchís modificando as normas ou os obxectivos. Crear un fanzine. Todas estas actividades non teñen, en si mesmas, nada de innovadoras. Pero si considero que innovar nas aulas consiste nese "mudar ou alterar algo". Ese algo é a rutina, o día a día nos centros docentes. Facer da aprendizaxe un proceso creativo e estimulante, un reto divertido. 

Tal vez "innovar" sexa un dos conceptos que máis teña escoitado nas aulas nos últimos anos. Mais creo que a maioría das veces asociamos a innovación ao emprego de ferramentas dixitais. E tamén penso que o seu emprego pode desembocar nun proceso tan pouco motivador e pouco eficaz como os tradicionais. Ou, dándolle outra volta, que podemos chegar a facer exactamente os mesmos exercicios e actividades de "toda a vida", pero cun empaquetado que parece novidoso. Como persoa cuxos ollos empezan a adoptar a forma dun teléfono móbil, non estou segura de que as TIC sexan a canle máis axeitada para introducir a innovación nun centro.

Aqui unha foto da innovadora Florence Norman, que a principios do século XX xa andaba por aí co seu patinete eléctrico. Ao final, case todo foi inventado antes.


Florence

Comentarios